O retablo de Santo Estevo

02/12/2014
Museo de Pontevedra

Xa se pode visitar no Sexto Edificio o retablo de Santo Estevo, unha obra do círculo de Jaume Cabrera de arredor de 1420-1430, que se acaba de incorporar á colección de pintura gótica do Museo.

A obra, que amosa as particularidades do gótico internacional das terras da Coroa de Aragón, incorpórase en calidade de depósito por parte dos seus propietarios, Edouard Decoster e Mª Dolores Ruíz Moya.

Ademais deles, no acto de presentación estiveron presentes o presidente da Deputación, Rafael Louzán, a deputada de Cultura, Ana Isabel Vázquez e o director do Museo, Carlos Valle.