Interior de la Fábrica de Tabacos de Sevilla

08/03/2013
Museo de Pontevedra

Neste artigo faise unha ampla análise do cadro conservado no Museo, pintado por Gonzalo Bilbao Martínez (1860-1938), titulado Interior de la Fábrica de Tabacos de Sevilla, que constitúe un dos estudos preliminares realizados polo pintor sevillano para a súa obra Las Cigarreras, que o artista presentou á Exposición Nacional de 1915, actualmente conservado no Museo de Bellas Artes de Sevilla.

Neste óleo o artista fai unha simbólica homenaxe á muller traballadora e proletaria mostrando o seu traballo cotián e na fábrica e converténdoa en heroína. Elas substituíron ós homes no traballo nas fábricas tabaqueiras pola súa maior habilidade, destreza e paciencia, pero sobre todo por ser unha man de obra moito máis barata.

Ver artigo completo

Mª Ángeles Tilve Jar