Coneces - Exposicion Gallaecia petrea - Museo de Pontevedra

O Museo na exposición Gallaecia petrea
Dezanove pezas do Museo de Pontevedra forman parte da exposición Gallaecia petrea inaugurada o venres 15 de xuño no Museo de Galicia, na Cidade da Cultura.
Como vén sendo habitual na realización de grandes exposicións, o Museo aporta algunha das súas obras máis relevantes, nesta ocasión pezas que van dende a Prehistoria ó s. XX.
Enxovais funerarios de tecnoloxía neolítica, fragmentos de dolmens e cistas, un petróglifo, un busto de pedra procedente dun castro, dous miliarios romanos, un capitel e unha lauda prerrománica, un tímpano románico, unha imaxe de pedra calcaria e un baldaquino gótico, un portapaz de acibeche e unha labra heráldica da Idade Moderna e esculturas do s. XX da autoría de José Eiroa e Narciso Pérez, forman a escolma preparada para esta magna exposición.
Picando nas imaxes pódense contemplar estas pezas e obter máis información sobre elas.

Entre os obxectos que formaban parte de diferentes enxovais funerarios que acompañaban os mortos no Megalítico, destaca o minucioso e delicado traballo destas puntas de frecha de tecnoloxía neolítica. O material exótico dalgunha delas e certos elementos formais poñen de relevo as relacións de intercambio a gran distancia que caracteriza o fenómeno megalítico.

No Museo áchanse varios exemplos de ortostatos e lousas con gravados que formaban parte das cámaras dolménicas.

Esta lousa con gravados xeométricos pertencente a un enterramento dos Inicios da Metalurxia é un magnífico exemplo das manifestacións artísticas deses momentos.

Estes gravados son un bo exemplo da temática xeométrica, maioritaria, e fortemente simbólica, dos petróglifos galaicos e que os pon en relación directa con outros focos culturais atlánticos.

Dentro da plástica en vulto redondo do fenómeno castrexo da Idade do Ferro, ó busto de Ocastro cábelle a honra de ser un dos primeiros en ser coñecidos e de continuar, aínda hoxe, sendo unha peza única a causa da súa técnica de talla e da expresividade lograda con ela.

Granito, 18 x 47 x 132 cm
Procedente de Tomeza (Pontevedra), foi valorada xa na súa viaxe a Galicia de 1745 polo Padre Sarmiento, quen, por certo, foi o primeiro estudoso das que, a partir xustamente del, se coñecen como laudas de estola, un produto típico das terras occidentais da Península (Galicia e Norte de Portugal) entre os séculos VI e, como mínimo, XI.

Granito, 44 x 44 x 17, 5 cm

Granito, 39 x 45´5 x 45´5 cm (parte superior) / 33´5 x 40 cm (parte inferior) Procede da parroquia de Xanza (Valga – Pontevedra).

Mármore de O Incio (Lugo), 45 x 57 x 55 cm / diámetro inferior 37 cm
Procedente da parroquia do concello de Valga (Pontevedra). Exemplar de tempos prerrománicos, é unha mostra excelsa do traballo dun taller de procedencia foránea (do sur peninsular, con toda probabilidade) activo en Galicia nun momento avanzado do século VI.

Granito, 92 x 182 x 22 cm
Procedente da parroquia lalinense, figura á cabeza da serie dos coñecidos xenericamente como tímpanos coa representación da loita de Sansón e o león.Foi adquirido polo Museo en 2004 nunha galería de Milán.

Caliza, 109 x 45 x 23 cm
Esta obra, realizada por un taller do norte de Francia, é unha das pezas excepcionais do apartado dedicado á arte gótica. Procede do desaparecido hospital pontevedrés de San Xoán de Deus.

Granito, 75 x 190 x 17 cm
Pertenceu no seu día a un deses monumentos, tan característicos dos tempos finais da Idade Media en Galicia en xeral e nas terras próximas a Pontevedra en particular, instalado na igrexa parroquial de San Pedro de Vilalonga (Sanxenxo, Pontevedra).

Acibeche, 16,5 x 13,4 x 6,8 cm
Esta peza, dun taller compostelán, é un exemplo do traballo dos coñecidos como acibecheiros ourives dedicados á elaboración de pezas suntuosas de gran calidade que se realizaban por encargo. Estaban destinadas a satisfacer a demanda de institucións eclesiásticas ou de particulares adiñeirados.

Granito, 138 x 90 x 60 cm
Componse de tres pezas, dúas que forman o escudo e unha superior na que está esculpida a coroa. Nunha cartela, sostida por un león coroado, preséntanse cuarteladas en cruz as armas de Camba, Valladares, Sarmiento e Villar, con escusón sobre o todo sen labrar, que en orixe tiña policromado o escudo dos Miranda. Pertenceu a Dona Gaspara Catalina Valladares Lemos Mosquera e Villar e Don Pedro Analso de Miranda. Conserva restos de policromía. Procede do desaparecido hospital de San Xoán de Deus (Pontevedra)

Talla / alabastro, 26 x 30´3 x 16´5 cm

San Ero de Armenteira, 1927
Talla / granito, 104 x 41 x 36 cm

Guerreiro celta, 1928
Talla / granito, 108 x 48 x 78 cm
Doazón de Antonio e Manuel Pérez Rey