Dous cadros do Museo para a Semana Santa

30/03/2015
Museo de Pontevedra

Con motivo da Semana Santa, queremos dar a coñecer neste artigo dúas obras que gardan relación directa cunha tradición secular que nestes días se desenvolve en todas as cidades e pobos de España, as procesións de Semana Santa, un fenómeno exclusivo do mundo hispano que comezou a xerarse hai séculos por iniciativa da Orde franciscana. No caso de Pontevedra, a primeira referencia documental a este respecto está datada en 1321, segundo a investigación de José Luis Ageitos Míguez.

Trátase de dous lenzos realizados en 1969 por un pintor que os asinou como Zubarre, nos que se representa o paso do Cristo de la Expiración de Málaga e a saída procesional da Irmandade da Esperanza de Triana.

Estilisticamente, non se trata de obras de gran calidade artística, pero si resultan interesantes como documentos gráficos.

Ver artigo completo en PDF

José Luis Ageitos Míguez