Demetrio Durán Hermida e o Carnaval de 1900

06/02/2013
Museo de Pontevedra

Seis debuxos conservados no Museo realizados polo artista pontevedrés Demetrio Durán Hermida achégannos á xénese do Carnaval de 1900 en Pontevedra, un dos máis celebrados e mellor documentados.

Son cinco deseños de carrozas e un bosquexo para o vestiario dun dos coros que participaron no multitudinario desfile carnavalesco que ese ano, organizado pola Sociedad Liceo Gimnasio e dedicado ó Carnaval antiguo y moderno, percorreu as rúas da cidade.

Premendo aquí accédese a unha detallada información sobre estes debuxos e oi seu autor, así como sobre o carnaval en Pontevedra do dito ano.

Ángeles Tilve Jar