Debuxos de Castelao gravados en cinc para El Barbero Municipal

28/12/2012
Museo de Pontevedra

Neste artigo dáse conta da existencia na colección do Museo de catro pranchas das empregadas para a impresión dos debuxos que Castelao fixo para o semanario El Barbero Municipal editado en Rianxo desde 1910 a 1914.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi o director gráfico e administrativo deste semanario conservador desde o que se satirizaba ós liberais, seus adversarios políticos.

As ilustracións que se obtiveron destas pranchas ocupan o cadro central da primeira páxina dos números 115, 141, 154 y 159 publicados entre 1912 y 1913.

Ver artigo.

Natalia Fraguas Fernández