A vocalina, un raro instrumento musical no Museo

14/08/2012
Museo de Pontevedra

Na colección de instrumentos musicais do Museo atópase un raro e descoñecido: a vocalina, ideada por Severino Pérez, que foi presentada en Pontevedra o 16 de agosto de 1899.

O Teatro de Pontevedra foi o lugar elixido para a presentación, o 16 de agosto de 1899, da vocalina, un instrumento musical ideado polo cotobadense Severino Pérez Vázquez, no transcurso dunha interesante velada, que contou coa participación de destacados artistas e escritores pontevedreses e na que o inventor interpretou dúas pezas.

A vocalina, o mesmo que o malvis ou o tecnefón, tamén inventados por Severino Pérez en 1858 e 1860 respectivamente, non chegou a comercializarse.

Para saber máis da gala de presentación e do seu inventor premer aquí.

José Fuentes Alende