A festa dos maios no Museo

27/04/2012
Museo de Pontevedra

Todos os primeiros de maio a cidade de Pontevedra, como outras moitas localidades de Galicia, ten unha celebración moi especial na praza da Ferrería: a festa dos maios, cunha orixe moi remota.

Estudando os distintos fondos do Museo podemos ter un profundo coñecemento dela, tanto dos seus posibles comezos, como das súas peculiares características, a través de textos e de fotografías, das coplas cantadas e da música coa que se acompañaban.

No seguinte artigo faise un resumo da singularidade desta celebración en Pontevedra.

Ver artigo

José Fuentes Alende