XI Encontro de Conservación e Restauración: ‘Deseño e xestión das salas de reserva. Onde comeza a restauración’

Celebraranse os días 24 e 25 de novembro, coa participación de representantes de institucións de referencia nos ámbitos estatal e internacional.

Encontro de restauración

O Museo de Pontevedra acollerá o 24 e 25 de novembro o XI Encontro de Conservación e Restauración, un evento consolidado como un referente a nivel estatal no seu ámbito. A edición deste ano pon o foco na conservación preventiva, co lema ‘Deseño e xestión das salas de reserva. Onde comeza a conservación’. O encontro aproximarase á atención crecente ás reservas da colección nos museos, que están a ocupar unha posición central nas inquietudes das e dos profesionais da museoloxía.

No encontro participarán representantes da Axencia do Patrimonio Cultural dos Países Baixos, o Centro de Conservación e estudo de Lorraine (Francia), o Museo Reina Sofía, o Museo Arqueológico de Alicante, o Museu d’Història de Barcelona, o Museo de Málaga, o centro Gordailua, o Centro de Restauració de Béns Mobles de Catalunya, Albayalde conservatio e EUN Group.

A inscrición é gratuíta e pode facerse ata o 21 de novembro, con prazas limitadas. O encontro está orientado a profesionais de museoloxía e está aberto a estudantes de disciplinas relacionadas co tema do encontro, como conservación e restauración, historia ou historia da arte.   

Programa completo e vídeos das ponencias en https://encontrorestauracion.depo.gal.