Seminario Museos, Feminismos, Canon: Xornada Monográfica sobre Maruja Mallo
Venres 30 de xaneiro de 2026, de 10 a 14 h, no Edificio Castelao
Este seminario, centrado en revisar os estereotipos de xénero na arte e as lecturas sobre o rol da muller na historia e no presente, chega á súa cuarta edición para poñer o foco sobre Maruja Mallo.
Contará coas conferencias de Estrella de Diego, investigadora de referencia sobre a teoría de xénero e os estudos culturais poscoloniais e a construción de identidades na modernidade, profesora da Universidade Complutense, autora do libro Maruja Mallo (Fundación Mapfre, 2008) e integrante do equipo responsable do catálogo razoado de óleos de Maruja Mallo publicado en 2021; e Patricia Molins, membro do Departamento de Exposicións do Museo Reina Sofía e comisaria da exposición sobre Maruja Mallo no Centro Botín que agora se pode ver no mencionado museo.
Alumnado das universidades de Vigo e Santiago de Compostela presentará comunicacións relacionadas coa artista.
O acceso ao seminario é libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal.
PROGRAMA
- 10:00 h. Presentación
- 10:15 h. Conferencia de Estrella de Diego
- 11:00 h. Conferencia de Patricia Molins
- 11:45 h. Pausa para o café
- 12:15 h. Comunicacións:
- Ylenia González (Universidade de Santiago de Compostela)
- Jackeline Fernández (Universidade de Vigo)
- Jacobo Bugarín (Universidade de Vigo)
- Antonio Doñate (Universidade de Vigo)
- África Martínez (Universidade de Vigo)
- Sofía Nieto (Universidade de Vigo)
- 13:15 h. Debate