Semana Lorquiana: A revista Cristal no seu 90 aniversario

Mesa redonda o mércores 16 ás 19.00 e roteiro pola cidade o sábado 19 ás 12.00 h.

14/11/2022

REvista Cristal

O Museo celebra unha nova edición da Semana Lorquiana, que conmemora a visita de Federico García Lorca a Pontevedra. Ese ano centrarase no 90 aniversario da revista Cristal, cuxos impulsores foron os anfitrións na última visita á cidade do poeta, e na que este publicou un famoso soneto.

A empresa cultural Polo Correo do Vento encárgase de coordinar as actividades para público infantil e adulto, centradas en explicar a relación do poeta, dramaturgo e prosista da Xeración do 27 con Galicia e moi en particular coa revista Cristal.

O mércores 16 ás 19.00 horas no Edificio Castelao do Museo celebrarase a mesa redonda ‘A revista Cristal no seu 90 aniversario’, na que participarán o escritor Xesús Alonso Montero e o xornalista Ramón Rozas, moderada pola tamén xornalista Susana Pedreira.

O sábado 19 de novembro farase un roteiro pola cidade titulado 'Federico García Lorca visita a revista Cristal'. Está dirixido a público adulto e terá a saída ás 12.00 horas desde o Edificio Castelao. Para participar é preciso inscribirse no correo polocorreodovento@hotmail.com.

Ademais, durante toda a semana, do 14 ao 18 de novembro, realizaranse sesións orais para escolares de centros de Pontevedra con narracións para público infantil nas que se relaciona a presenza de García Lorca cos fondos do Museo de Pontevedra.