Proxección de Castelao: de chumbo a verba e actuación de María do Ceo

Conmemoración do 75 cabodano de Castelao, martes 7 de xaneiro, ás 19:30 h no Edificio Castelao

Castelao de chumbo a verba

Para conmemorar o 75 aniversario do pasamento de Castelao, o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires, o Museo de Pontevedra programa a proxección de Castelao: de chumbo a verba,  acompañada dunha pequena actuación da cantante Maria do Ceo.

Castelao: de chumbo a verba é un documental ficcionado en que se mestura a época actual, os anos centrais da vida de Castelao e imaxes de arquivo para axudar a entender o seu pensamento e a súa dimensión cultural e política. Dirixido por Miguel López en 2017, con Miguel Pernas, Uxía Blanco e Iago Novoa no elenco. Duración: 60 minutos.

Maria do Ceo é unha das voces que mellor conecta Galicia e Portugal. Nacida en Oporto, creceu artisticamente no fado, e a el segue dedicando a súa vida. Desde Cartas de Amor (1997), o seu primeiro disco, leva realizado centenares de concertos e catorce discos que marcan un itinerario emocional con múltiples recoñecementos desde as dúas beiras do Miño.