Percorrido sobre Luísa Villalta no Museo

Sábado 4 de maio, ás 12 h, con saída desde o Edificio Castelao

Caricatura de Luisa Villalta

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Museo de Pontevedra levará a cabo un percorrido literario, no ronsel das actividades realizadas en anos anteriores. Polo Correo do Vento conduce a visita, dunha hora de duración, na que relacionará os fondos do museo con Luísa Villalta e outras autoras e autores que foron homenaxeados neste día.

Para esta actividade non é necesaria a inscrición previa.