Obradoiro de colaxe: Os Panos de Castelao para a Sociedade Coral Polifónica

Martes 15 e mércores 16 de abril de 2025, de 11 a 13 h, no Edificio Castelao

obradoiro colaxe panos de castelao

Nos días non lectivos da Semana Santa, o Museo organiza un obradoiro de elaboración dun mural, mediante a técnica da colaxe, baseado nos panos que Castelao deseñou para as actuacións da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra e cuxas réplicas se están a exhibir na mostra polo centenario da agrupación.

O obradoiro desenvolverase nas seguintes quendas:

  • Martes 15 de abril, de 11 a 13 h, para nenas e nenos de 6 a 9 anos
  • Mércores 16 de abril, de 11 a 13 h, para nenas e nenos de 9 a 12 anos

A inscrición estará aberta desde o mércores 9 de abril ás 10 h.