Migallas Teatro: Pegadas de Castelao
Funcións para público escolar, martes 18 e mércores 19 de novembro de 2025
Pegadas de Castelao é un espectáculo dirixido a público a partir de 6 anos e que ten como obxectivo difundir dunha maneira amena a figura e a obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural etc.
Para lograr este obxectivo combínanse diferentes técnicas dramáticas: monicreques de silueta e de luva e cabezudos inspirados nos debuxos e relatos do autor de Rianxo, teatro, pantomima e cantar de cego, todo acompañado por música en directo, con cantigas populares vinculadas á súa vida e obra.
Actividade dirixida a centros escolares.
