Lucus Ensemble en concerto: Percorrendo Castelao
Sábado 22 de novembro de 2025, ás 19:00 h no Edificio Castelao
Trece músicos procedentes dos ámbitos do jazz e da música clásica forman este conxunto de música de cámara con repertorio propio. A formación inclúe violín, violoncello, contrabaixo, piano, percusión, frauta, fagot, dous clarinetes, saxofón, gaita e dúas voces.
No seu concerto no Museo de Pontevedra presentan un repertorio co que homenaxean a figura de Castelao no 75 aniversario do seu pasamento.
