Isabel Tejeda: “Das exposicións de mulleres artistas aos proxectos curatoriais feministas en España”
Martes 14 de abril, ás 19:00 h
A conferencia céntrase na evolución da visibilización das mulleres artistas dentro do panorama artístico español. A súa intervención abarca desde os primeiros esforzos para darlle visibilidade ao traballo das mulleres no campo da arte ata a consolidación de proxectos curatoriais feministas que teñen como obxectivo desafiar as estruturas patriarcais e promover a equidade de xénero nas galerías e nos museos.
Complétase cun obradoiro, realizado o día seguinte na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Isabel Tejeda Martín (Madrid, 1967) é comisaria e crítica de arte. Na actualidade é catedrática da Universidade de Murcia e membro dos consellos asesores do IVAM, de Valencia, e do MUCAC, de Málaga. As súas liñas de investigación son a expografía e narracións da arte contemporánea; historia das exposicións e os museos; historia das mulleres, feminismos e arte contemporáneo; e a arte popular.
