Documental: Castelao, a revolución gráfica en Galicia. O linoleogravado

Xoves 22 de xaneiro de 2026, ás 19 horas, no Edificio Castelao

Documental Castelao

Proxección deste documental que se achega ao proceso histórico polo que o linóleo se converteu nun dos motores fundamentais da renovación estética e editorial en Galicia na década de 1920. O filme reconstrúe cronoloxicamente este fenómeno a través das voces de especialistas de referencia coma Daniel Buján Núñez, Ángeles Tilve Jar, Carlos L. Bernárdez, Xoán Pastor Rodríguez, Miguel Anxo Seixas Seoane e Ricardo Gurriarán.

Ano: 2025

Duración: 33 min

Produtora: Memoria Documental de Galicia, S. L.

Produción executiva: Diana Reiter

Dirección: Xan Leira

Investigación: Diana Reiter e Xan Leira

Música: Enrique Estrada

Imaxes de arquivo: Museo de Pontevedra, Museo de Artes do Gravado, Memoria Documental de Galicia, Ricardo Gurriarán e Carlos L. Bernárdez

Colabora: Deputación de Pontevedra