Charla-concerto ‘As gaitas de fol na provincia de Pontevedra’, con Rosa Sánchez e Pablo Carpintero

Venres 16 de febreiro, ás 19:00 h, no Edificio Castelao

Edificio Castelao

Perfecto Feijoo. Fotografía de Bernardo S. Cobián, ca. 1904

Un achegamento aos diferentes tipos de gaitas de fol que se documentan na provincia de Pontevedra, no que Carpintero e Sánchez interpretarán melodías con cada unha delas. Entre estas gaitas áchanse as máis antigas que se documentan no mundo, algunhas levan sendo tocadas de xeito ininterrompido dende finais da Idade Media, pasando de man en man de gaiteiro dende entón. Varias familias pontevedresas e o propio Museo de Pontevedra custodian algúns destes exemplares.

Pablo Carpintero e Rosa Sánchez falarán de como conseguiron datalas con seguridade, da súa particular morfoloxía, de como se tocaban e de como se construían. Ademais, o público poderá ver as ferramentas para a fabricación de gaitas utilizadas por Manuel Villanueva, mítico gaiteiro e artesán de Poio, conservadas no Museo. E soarán en directo algúns destes antiquísimos instrumentos.

Vídeos