Novas - Museo de Pontevedra

Novas
-
O certame ‘Novos Valores’ premia catro obras de artistas noveis con bolsas para ampliar estudos artísticos
Sandra Barreiro Parquiña, Antía Iglesias Fernández, Andrés Sanjurjo García e Lucía Perdiz Dávila son as creadoras e o creador das pezas premiadas polo xurado
12/07/2023
-
O Museo editará un facsímil de dous romances ilustrados inéditos realizados polos membros do Seminario de Estudos Galegos en 1935
O volume incluirá ‘Romance de unha fatal ocasión’, dirixido a Castelao cando estaba exiliado en Badajoz, con texto de Filgueira Valverde e ilustracións de Laxeiro e Risco, e outro romance que Ben-Cho-Shey e Xaquín Lorenzo dedican a Sebastián González
29/06/2023
-
O Museo acolle unha exposición cos anteproxectos gañador e finalistas para a rehabilitación de Santa Clara
Cada equipa de arquitectura dispón de cinco paneis coas súas infografías, accesibles dende hoxe no vestíbulo do Edificio Castelao
15/06/2023
-
O estudo de arquitectura ‘Nieto & Sobejano’ gaña o concurso de anteproxectos de Santa Clara coa proposta ‘Verbas da pedra’
O deseño, que propón un peche sutil do claustro e unha recepción baixo baldaquino, destacou pola organización funcional dos espazos para destinalos a museo e centro arqueolóxico
09/06/2023
-
O Encontro de Arqueoloxía no Museo de Pontevedra incide na necesidade de investigacións sistemáticas sobre xacementos prehistóricos con construcións efémeras
Profesionais da arqueoloxía e da investigación académica revisaron as principais intervencións arqueolóxicas das últimas décadas nas que se documentou arquitectura efémera da prehistoria recente
19/05/2023
-
Concerto, monicreques e unha exposición itinerante para celebrar o Día Internacional dos Museos
As actividades, que se celebrarán entre o 18 e o 20 de maio, xiran arredor do concepto de ‘Museos, sostibilidade e benestar’ e inclúen tamén unha visita guiada e unha campaña en redes sociais
10/05/2023