Novas - Museo de Pontevedra

Novas
-
O Museo de Pontevedra recibe 68 obras de Leopoldo Nóvoa doadas pola súa viúva, Susana Carlson
A doazón inclúe lenzos, pinturas sobre papel, gravados e libros, realizados entre 1987 e 2010
30/11/2023
-
O Encontro de Conservación e Restauración convida a repensar as prácticas dos museos para reducir o seu impacto ambiental
As intervencións na sesión matinal da primeira xornada poñen o foco na importancia das pequenas accións de sentido común e no cuestionamento das prácticas habituais
23/11/2023
-
O Museo incorpora á exposición permanente unha espléndida vista de Pontevedra de Eliseo Meifrén cedida en depósito polo Prado
‘Oraciones (Pontevedra)’, que obtivo a primeira medalla na Exposición Nacional de 1906, completa o conxunto de pinturas do impresionista catalán no Museo, con varias obras resultado da súa estancia na cidade en 1904
21/11/2023
-
A xornada no Museo dedicada ao Seminario de Estudos Galegos salientou o papel central que Pontevedra xogou nesta iniciativa
O Museo de Pontevedra celebrou o venres 27 de outubro no Edificio Castelao un dos actos centrais da súa programación arredor do centenario do nacemento do Seminario de Estudos Galegos (SEG). A xornada de conferencias dedicouse a analizar o papel no Seminario de destacadas figuras vinculadas á cidade e á provincia, xa sexa pola súa orixe ou por vínculos familiares ou afectivos.
27/10/2023
-
Pontevedra acollerá en setembro de 2024 o Congreso Nacional de Numismática
O Museo de Pontevedra organizará xunto á Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos a XVII edición, que reunirá as e os maiores expertos e profesionais deste ámbito en España
28/09/2023
-
Agosto convértese no mes con máis visitas no Museo desde o ano 2009, con 46.312 persoas
As Ruínas de San Domingos viviron o mes con maior afluencia nos últimos vinte anos, con 39.741 visitantes
13/09/2023