Actividades pasadas - Museo de Pontevedra
Actividades pasadas
-
Visitas guiadas á exposición “Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional galega”
Ata o próximo 15 de outubro, todos os sábados ás 10.30 e ás 12.00 horas realizaranse visitas guiadas á exposición a cargo de José Luis Rodríguez e David Quiñones, comisarios da mostra.
-
Obradoiro “Os cabaleiros do museo”
O Museo de Pontevedra organiza un obradoiro dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos con motivo da celebración da Feira Franca na cidade. O obradoiro terá lugar os días 1 e 2 de setembro de 11.30 a 13.00 horas, con 15 prazas para cada sesión. A inscrición é de balde e pode realizarse desde o venres 26 de agosto a través do enderezo reservas.museo@depo.es.
-
Seminario: Museos provinciais. Á procura dun relato común
Venres 21 de abril, de 10:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20:00 h no Edificio Castelao
-
Conferencia de Francisco Prado-Vilar: ‘O tesouro dos arquivos: investigación, descubrimentos e o futuro do patrimonio de Galicia’
Xoves 13 de abril ás 19 h no Edificio Castelao
-
Obradoiro infantil e charla arredor de ‘Gabarrón atlántico. Ronsel de saudade’
Venres 14 de abril no Edificio Castelao: obradoiro infantil ‘Siega verde’ de 17:00 a 18:00 h; charla entre Cristóbal Gabarrón e Antón Castro ás 19:00 h.
-
Día do Libro no Museo
O sábado 22 de abril de 10:00 a 13:00 h celebrarase un obradoiro aberto e o domingo 23 pola mañá repartiranse libros e catálogos do Museo.
-
Obradoiros infantís ‘De muller a muller’
Martes 4 e mércores 5 de abril, de 11:30 a 13 horas