Un vieiro polo Museo con Florencio Delgado. Percorrido guiado
Coa actividade ‘Un vieiro polo Museo de Pontevedra con Florencio Delgado’ pecharase a programación organizada con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, que incluíu a celebración, o pasado mes de maio, de diferentes sesións de contacontos ilustrados dirixidos ás nenas e nenos.
06/06/2022
Nesta ocasión, o público adulto será o destinatario desta proposta que terá lugar o sábado, día 11 de xuño, ás 12:30 h. Trátase dun percorrido pola traxectoria vital e literaria do poeta ourensán, guiado por Polo Correo do Vento, a través de artistas que colaboraron con el na revista Vieiros ou cos que tivo contacto ao longo da súa vida, como Castelao, Seoane, Arturo Souto... A entrada será libre.