Presentación guía Combarro, patrimonio cultural de Galicia

No ano 1972, Combarro foi declarado Conxunto Histórico-Artístico polo decreto 3.234, do 30 de novembro. Para conmemorar o 50 aniversario desa efeméride o Concello de Poio e a asociación A Solaina promoveron a publicación do libro ‘Combarro, patrimonio cultural de Galicia. Guía de su arquitectura popular y de su historia’, realizada polo catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Vigo, Rafael Vallejo Pousada.

19/04/2022

O xoves, ás 19:30 h, o Edificio Castelao acollerá a presentación desta guía cun acto no que participará, ademais do seu autor, o director deste museo, José Manuel Rey, a concelleira de Turismo do Concello de Poio, Silvia Díaz; e o catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Manuel Santos.

A entrada será libre ata completar a capacidade.