Completo o obradoiro para familias Facemos maxia?

Debido ao gran número de solicitudes recibidas para participar no obradoiro Facemos maxia?, que terá lugar no Edificio Castelao o martes 12 e o mércores 13, o departamento de Educación duplicou a oferta de prazas sumando dúas novas quendas, que xa están cubertas tamén coas inscricións que quedaran en reserva.

07/04/2022

A figura de Laxeiro, protagonista este ano o Día das Artes Galegas, estará presente nesta actividade destinada ás familias, dado que a súa pintura conecta directamente coa maxia.

Durante as sesións, que se desenvolverán en dous grupos para cada xornada (ás 16:30 e as 18:00 horas), as persoas participantes aprenderán trucos sinxelos empregando obxectos do día a día como cartas, moedas, bolígrafos, ou caixas de mistos.

Esta proposta vaise realizar por parte do grupo ‘Magia en la Manga’, formado por catro ilusionistas profesionais galegos que, despois de anos de experiencia nos escenarios por separado, comezaron un proxecto en conxunto, sendo recoñecidos no Pont-Up Store 2019 como mellor proxecto de emprendemento na categoría de Formación, Educación, Arte e Cultura pola súa “orixinalidade, calidade e profesionalidade”.