As gaitas antigas de Pontevedra e un modelo de datación. Charla-concerto

Coincidindo co 80 aniversario da publicación do Cancioneiro musical de Galicia, de Casto Sampedro y Folgar, o investigador, músico e artesán Pablo Carpinteiro presentará o venres, 22 de abril, no Edificio Castelao o resultado do seu estudo de datación de gaitas antigas a través dun modelo matemático baseado no desgaste do os punteiros co uso. A análise, no que se centra a tese doutoral que está a desenvolver na Universidade de Vigo, permitiulle coñecer a existencia de gaitas en Galicia e Portugal que permanecían en uso desde a Idade Media.

21/04/2022

Algúns deses instrumentos centenarios soarán no acto que terá lugar ás 19:00 h, no que o músico interpretará, xunto a Rosa Sánchez, unha serie de pezas utilizando unha gaita do século XV que pertenceu ao gaiteiro de Campañó (Pontevedra) Xan Tilve, outra de 300 anos de antigüidade do gaiteiro de Mogor (Marín) José María García, e unha réplica dunha gaita portuguesa que se conserva no Museo de Etnoloxía de Lisboa, á que o modelo de estudo asígnalle 500 anos de uso.

Carpinteiro empregará tamén neste concerto a réplica que realizou dunha das gaitas do recoñecido construtor e gaiteiro de Poio Manuel Villanueva que custodia este museo e que está datada a través da proba do carbono 14 en 200 anos de antigüidade.