Xornada conmemorativa do 80 aniversario da publicación de Sempre en Galiza
Martes 28 de maio, de 16:00 a 20:30 h, no Edificio Castelao
A Fundación Castelao celebra o 80 aniversario da publicación de Sempre en Galiza cunha xornada con conferencias e cunha mesa redonda.
En marzo de 1944 publícase en Bos Aires o ensaio político Sempre en Galiza de Castelao, un libro que o autor levaba elaborando desde 1934. O manuscrito orixinal desta obra de referencia consérvase no Museo de Pontevedra, así como as sucesivas edicións realizadas en Bos Aires, Madrid e Vigo. Por iso, e ao cumprirse o 80 aniversario da súa edición, cómpre reunírmonos no mesmo lugar no que se conserva o manuscrito deste clásico do galeguismo para afondar no seu estudo e valoración.
Programa
16:00 h Presentación da xornada
16:15 h Conferencia “O retorno da obra de Castelao a Pontevedra”
Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra
16:45 h Conferencia “As edicións, as prohibicións e as censuras de Sempre en Galiza”
Xosé Manuel Dasilva, catedrático do Departamento de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo
17:15 h Descanso
17:45 h Conferencia “Castelao e a construción dunha tipografía galega”
Natalia Crecente García, Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón
18:15 h Conferencia “De non sempre en Galiza a Sempre en Galiza”
Miguel Anxo Seixas Seoane, Fundación Castelao
18:45 h Mesa redonda coas persoas participantes
Modera: Diana Santiago Iglesias, Fundación Castelao
19:30 h Visita guiada
Visitaranse a exposición permanente de Castelao e a exposición temporal “Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa. Fotografías” con Xosé Enrique Acuña e Xan Carballa.
Dirixe: Miguel Anxo Seixas Seoane
Organiza: Fundación Castelao
Colaboran: Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia. Museo de Pontevedra, Deputación de Pontevedra