XIV Noites de Música Antiga: Resonet

Venres 14 de xullo ás 20:00 h na igrexa do Convento de Santa Clara

Igrexa do Convento de Santa Clara

XIV Noites de Música Antiga: Resonet

Resonet fórmase en 1990 en Santiago de Compostela, baixo o impulso do laudista Fernando Reyes, quen dirixe o grupo, e a soprano Mercedes Hernández, tomando o nome dunha peza do Códice Calixtino. Os seus compoñentes están especializados na interpretación da música antiga nos máis recoñecidos centros de formación de Europa.

Realizaron numerosos concertos en prestixiosos festivais e auditorios por todo o continente e dedican grande atención á música relacionada con Galicia e co Camiño de Santiago en particular.

Na súa dilatada carreira gravaron numerosos discos: La Grande Chanson: cancións dos peregrinos de Francia (s. XVII); Santiago!: música e peregrinacións no Renacemento; Les Pellerines: A moda da peregrinación en Francia (s. XVII); Il Pellegrino: a viaxe de Cosme III de Medici (1668); Canto de nadal; Cantares Galegos-Rosalía de Castro; Canto de Ultreia: Codex Calixtinus-Cantos de peregrinos: Músicas para as festas de Santiago (s. XII); Festa Dies, músicas para a consagración da Catedral de Santiago (1211); A Peregrina: Cantos e romances nos camiños de Santiago; Cantiga: Trobadores de Galiza e Portugal (s. XIII-XIV); Floralba, cantos e romances de Galicia; e Chacona: A Canción de Santiago. Este último traballo toma como centro un xénero de orixe español, a chacona, que acadou unha enorme difusión na música popular e culta de toda Europa, estilizándose na produción de autores do barroco tardío, como sería o caso do mesmo J. S. Bach.

Intérpretes

  • Mercedes Hernández. Soprano
  • Christian Losada. Tenor
  • Paulo González. Frautas
  • Fernando Reyes. Tiorba, guitarra barroca e dirección

Programa

  • A canción do bo camiño
    • Vox nostra resonet. Magister Iohannis Legalis. Códice Calixtino, s. XII.
    • Sante Jaco a Compostel. (1460) Diario de William Wey (c. 1407 - 1476)
    • Pour avoir mon Dieu propice. Canto de peregrinos.  Les Rossignols Spirituels. Valenciennes, 1616, Peter Philips (1560? – 1628)
  • A canción da boa vida
    • Marionas. Francisco Guerau - Poema Harmónico (1694)
    • Chacona de La ilustre fregona. Música: Juan Arañés - Libro segundo de tonos y villancicos (Roma 1624). Texto: Miguel de Cervantes - La Ilustre fregona en Novelas ejemplares (1613)
  • A canción do amor e da morte
    • Chaconne. Robert de Visée - Manuscrit Vaudry de Saizenay (1699)
    • Vos mèpris. Michel Lambert. (1610 – 1696)
    • Voglio morire. Barbara Strozzi (1619 – 1677)
    • Passacaglia de King Arthur. Henry Purcell (1659 - 1695)
    • Ciaccona. Alessandro Piccinini (1566 - c. 1638)
    • Orilla del claro Tajo. Étienne Moulinié (1599 - 1676)
  • A canción do Paraíso
    • Laudate Dominum. Claudio Monteverdi (1567 - 1643)
    • Ciaccona di Paradiso, e d'Inferno. Anónimo editado por C. F. Rolla (1657) 
  • A canción de Santiago/La canción de Santiago/ The song of Santiago
    • A Canción de Santiago / The song of Saint James. Arr. de Fernando Reyes sobre Sante Jaco a Compostel: Cantus parvulorum Hyspannie saltancium ante peregrinaciones pro blankys et splintris. Diario de William Wey (1460)