Visitas guiadas ao convento de Santa Clara
O 7 de xuño, ás 18:00 h, e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño, ás 11:00 h
PRAZAS ESGOTADAS
A Deputación de Pontevedra abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para unha nova ronda de visitas guiadas.
O prazo de inscrición para solicitar praza abre o martes 28 de maio, ás 9:00 h, a través dun formulario de inscrición accesible desde esta mesma páxina.
Disporanse 20 prazas por quenda e poderán solicitarse unha ou dúas prazas por reserva, nas seguintes datas e horas:
- Venres 7 de xuño, ás 18:00 h
- Sábado 8 de xuño, ás 11:00 h
- Sábado 15 de xuño, ás 11:00 h
- Domingo 16 de xuño, ás 11:00 h
- Sábado 22 de xuño, ás 11:00 h
- Domingo 23 de xuño, ás 11:00 h
Condicións da visita
- Non se admitirán visitas sen reserva previa a través do formulario dispoñible nesta páxina.
- Para realizar a visita é necesario estar 10 minutos antes da hora indicada na porta da igrexa de Santa Clara (rúa de Santa Clara).
- A duración da visita é de aproximadamente 1 hora.
- Debido á situación actual dos espazos interiores e exteriores do convento, previa á súa reforma, a visita non é accesible para persoas con problemas de mobilidade ou en cadeira de rodas.