Simposio ‘O cine de Carlos Velo, León Felipe e os poetas do exilio republicano en México’
Conferencias, proxeccións e recital poético os días 4 e 5 de outubro ás 19.00 horas no Edificio Castelao
O Museo de Pontevedra acolle os días 4 e 5 de outubro un simposio para achegarse á figura do cineasta galego Carlos Velo e a súa relación coas republicanas e republicanos que, como el, estiveron no exilio en México. As xornadas, con acceso de balde, inclúen proxeccións de documentais cinematográficos ata agora inéditos, conferencias e un recital poético. Organiza a Fundación Carlos Velo coa colaboración do Museo de Pontevedra.
Programa
1ª xornada. Martes, 4 de outubro de 2022. 19:00 horas
- Intervencións inaugurais:
- José Manuel Rey, director do Museo de Pontevedra
- Carmen Leyte, presidenta da Fundación Carlos Velo
- Xosé Enrique Acuña (Fundación Carlos Velo): ‘O cineasta Carlos Velo, León Felipe e as voces do exilio’
- Miguel Ángel Cuña (Fundación Cuña-Casasbellas): ‘León Felipe, poemas, cancións e impacto dun poeta exiliado’
- Proxección de pezas documentais de Carlos Velo pertencentes ao seu proxecto videográfico ‘Los republicanos españoles en el exilio’ (1983). 1ª sesión: Unha homenaxe a León Felipe con Luis Buñuel de fondo
- “El éxodo y el llanto”
- “Homenaje a León Felipe”
- “Poetas sin retorno”
- “Homenaje a Luis Buñuel”
2ª xornada. Mércores, 5 de outubro de 2022. 19:00 horas
- Miguel Anxo Fernández (Fundación Carlos Velo / Universidade de Vigo): ‘Carlos Velo e a súa experimentación cinematográfica en México’
- Graciela Baquero Ruibal: recital de poetas do exilio español en México presentes nos documentais de Carlos Velo: León Felipe, Juan Rejano, Manuel Altolaguirre, Concha Méndez, Pedro Garfias, Luis Cernuda, Juan Larrea, Emilio Prados, José Moreno Villa e Juan José Domenchina.
- Proxección de pezas documentais de Carlos Velo pertencentes ao seu proxecto videográfico ‘Los republicanos españoles en el exilio’ (1983). 2ª sesión: Vida cultural e política do exilio español en México
- “Niños de Morelia”
- “Vida Cultural”
- “Vida Política”
- “Vida cotidiana”
- “Divinas Palabras”
- “Lázaro Cárdenas”
audios
Intervención de Xosé Enrique Acuña (Fundación Carlos Velo): ‘O cineasta Carlos Velo, León Felipe e as voces do exilio’
Intervención de Miguel Ángel Cuña (Fundación Cuña-Casasbellas): ‘León Felipe, poemas, cancións e impacto dun poeta exiliado’