Museo en Camiño: obradoiros artísticos experimentais para familias

Desenvolveranse no Edificio Castelao os sábados 1, 8, 15 e 22 de outubro, con prazas reservadas para nenas e nenos con necesidades especiais.

Museo en camiño

Nos catro primeiros sábados de outubro, o Museo de Pontevedra programará catro obradoiros artísticos experimentais dirixidos a familias. Serán os días 1, 8, 15 e 22 de outubro de 11.30 a 13.30 horas no Edificio Castelao. Os obradoiros xirarán arredor do Camiño, as súas paisaxes e as persoas que o percorren, motivando a reflexión das persoas participantes. Ademais produciranse unha serie de obras que serán expostas nunha mostra que combinará a creación artística con información do Camiño de Santiago.

Estes obradoiros están dirixidos a público familiar co obxectivo de favorecer o intercambio xeracional. Deste xeito, cada nena ou neno estará en compañía dunha persoa adulta, ata un máximo de 12 parellas por sesión. Ademais, haberá prazas reservadas para nenas e nenos con necesidades especiais. A inscrición ábrese hoxe a través do correo electrónico contacto@tallerabierto.info.