Obradoiro “Os cabaleiros do museo”

O Museo de Pontevedra organiza un obradoiro dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos con motivo da celebración da Feira Franca na cidade. O obradoiro terá lugar os días 1 e 2 de setembro de 11.30 a 13.00 horas, con 15 prazas para cada sesión. A inscrición é de balde e pode realizarse desde o venres 26 de agosto a través do enderezo reservas.museo@depo.es.

Obradoiros Feira Franca

As nenas e nenos participantes poderán coñecer mellor que papel xogaban os cabaleiros na Idade Media, achegándose ao seu rol social, a súa indumentaria e a súa formación. O punto de partida é a figura do emblemático Sueiro Gómez de Soutomaior, cuxo sepulcro pode visitarse no Edificio Castelao do Museo.