II Xornadas sobre museos e educación patrimonial: construíndo futuros desde a educación

Celébraranse os días 3 e 4 de novembro, con inscrición gratuíta ata o 24 de outubro a través da web https://epatrimonial-museopontevedra.depo.gal.

Educación patrimonial

As xornadas están dirixidas a profesionais e investigadoras relacionadas coa acción cultural e educativa nos museos, pero tamén a persoas que traballen a educación patrimonial desde outros ámbitos e estudantado relacionado con Humanidades, entre outro público. Tamén está aberta ata o 18 de outubro a participación a través do envío de pósters vinculados coas liñas temáticas das xornadas.

Nas xornadas participarán de representantes do Museo Arqueológico Nacional, o Museo do Pobo Galego, o Museo Würth La Rioja, o Museu de Lamego ou a Rede Museística de Lugo, así como do CSIC e de universidades como a Complutense de Madrid, a Jaume I, a de Barcelona, a de Murcia ou a de Huelva.

Organizan: Museo de Pontevedra e Universidade de Santiago de Compostela.

Máis información na web das xornadas