Entroido no Museo: xogo de observación

Do 1 ao 9 de marzo, no Edificio Castelao

Raimundo de Madrazo

O Museo de Pontevedra recibe o Entroido programando un xogo de observación dirixido ás persoas de todas as idades que visiten a exposición permanente nestas datas. A actividade estará dispoñible durante o horario de apertura do Museo.

O persoal de atención entregará un impreso con dez preguntas que servirán como guía para atopar nas salas de exposición dez obras que se poden vincular co Entroido. Cada participante levará un diploma e un pequeno agasallo.

Unha vez rematada a actividade, o 9 de marzo sortearanse entre todas as persoas que participaron tres lotes de agasallos e publicacións do Museo, para público de todas as idades.