Concerto de Ensemble Groba: Galicia anterga

Sábado 9 de novembro, ás 19 h, no Edificio Castelao

concerto de Ensemble Groba Galicia anterga

Ensemble Groba ofrece en concerto as obras Nerios e Presamarcos do ciclo etnográfico Galicia Anterga, do compositor Rogelio Groba (1930-2022). Completa o programa a obra Trío para violín, violonchelo e piano, de Enrique Granados (1867-1916).

As composicións deste ciclo reflicten profundamente a riqueza etnográfica e histórica de Galicia e son exemplos significativos da capacidade de Rogelio Groba para capturar a esencia cultural da súa terra natal.

Ensemble Groba é unha formación dinámica que nace no mesmo momento que a Fundación Rogelio Groba, no ano 2002. O seu obxectivo é difundir e promover a música composta polo mestre Groba para distintas formacións camerísticas. Por esta razón, trátase dunha formación dinámica, porque pode estar formada por diferentes intérpretes con distintos instrumentos. Nesta ocasión, o director-concertino da Orquestra de Cámara Galega, Rogelio Groba Otero, estará acompañado pola principal de chelo Alba Reirís e pola pianista Gema Arias.

Programa

Trío para violín, violonchelo e piano. Enrique Granados (1867-1916)

“I. Poco allegro con espressione

“II. Scherzetto

“III. Duetto. Andante con molto espressione

“IV. Finale. Allegro molto

 Presamarcos. Rogelio Groba (1930-2022). Ciclo etnográfico Galicia Anterga

“I. Foliada”

“II. Cantiga”

“III. Muiñeira”

“IV. Alalá”

“V. Pandeirada”

Nerios. Rogelio Groba (1930-2022). Ciclo etnográfico Galicia Anterga

“I. Foliada”

“II. Cantiga”

“III. Muiñeira”

“IV. Alalá”

“V. Pandeirada”