Celebrando o Día do Libro: o Século de Ouro na música española
Xoves 23 de abril de 2026, ás 19:00 h, no Edificio Castelao
A soprano Bonnie Cooper e a pianista Carmen Carreiras Pita ofrecen, con motivo do Día do Libro, un recital a piano con repertorio de poemas. O programa, composto por tres partes, ofrece cancións de Toldrá sobre poemas do Século de Ouro; cancións de Obradors, sobre poemas do Século de Ouro; e cancións sobre poemas galegos en versións de Marcial del Adalid, Xosé Baldomir e Juan Montes.
Bonnie Cooper graduouse na Universidade de Ottawa (Canadá), onde foi alumna do profesor Ingemar Korjus e da profesora de ópera Sandra Graham. Logo de trasladarse a Inglaterra, interpretou varios papeis de ópera con Co-Opera Co. (Londres), The Cunning Little Vixen (Cambridge) e Lyric Opera Studio (Weimar). Actualmente reside en Pontevedra, onde compaxina docencia e interpretación. É directora do coro para a UNED e ten o seu propio grupo, Happy Singers, cos que presenta cancións de pop e rock en inglés.
Carmen Carreiras é natural de Vilalba (Lugo) e obtivo os títulos superiores de Piano e Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Santiago de Compostela. Realizou estudos de posgrao de Piano na Aula Superior de Piano do Conservatorio de Música de Vila-seca (Tarragona) co pianista cubano Cecilio Tieles e obtivo o título superior de Solfexo no Conservatorio Superior de Música Liceo de Barcelona. É cofundadora do Trío Kulmann (viola, clarinete e piano).
Programa
Eduard Toldrá (1895-1962)
1. Madre, unos ojuelos vi, Lope de Vega
2. Nadie puede ser dichoso, Garcilaso de la Vega
3. Mañanita de San Juan, anónimo do Século de Ouro
4. Cantarcillo, Lope de Vega
Fernando Obradors (1897-1945)
1. Al amor, Cristóbal de Castillejo
2. Corazón, ¿por qué pasáis?, anónimo do século xvii
3. Con amores, Juan de Anchieta
4. Del cabello más sutil, canción popular
Poemas galegos
1. Soledades, Rosalía de Castro. Marcial del Adalid
2. Meus amores, Salvador Golpe. Xosé Baldomir
3. As froliñas dos toxos, Antonio Noriega Varela. Eduard Toldrá
4. Negra sombra, Rosalía de Castro. Juan Montes
