Exposicións - Museo de Pontevedra
Exposicións
Cada ano, o Museo organiza diversas exposicións cumprindo coa súa función de divulgación da historia, a arte e o mundo cultural en xeral, o que fai del unha institución viva e dinámica que se achega aos visitantes.
Nas devanditas exposicións preséntanse tanto fondos propios da colección permanente do museo como doutras institucións. Tamén se ofrecen panorámicas diversas do estado actual da arte e a cultura, tanto en España como, máis concretamente, en Galicia, sen esquecer os nosos vínculos con outras zonas xeográficas, especialmente Iberoamérica, todo iso froito dos últimos traballos de investigación dos especialistas.
Ademais das exposicións preparadas dentro da propia entidade, acolle outras de carácter itinerante, organizadas por outras institucións coas que existen convenios de colaboración.
Próximas exposicións
-
Pinturas negras
21/02/2025 - 06/04/2025 Comisariado: Ignacio Pérez Jofre e Sandra MG