Proxecto educativo

O Museo de Pontevedra é un espazo de aprendizaxe e creación que busca a xeración de experiencias e coñecemento crítico en torno á conexión do pasado co presente. A partir das súas coleccións propoñemos unha ampla oferta educativa que atende ás demandas de públicos diversos e ofrece unha forma diferente de interaccionar coa arqueoloxía, a arte, a historia e o patrimonio cultural en xeral.

No Departamento de Educación conformamos un equipo amplo e  preparado que integra diferentes perfís profesionais. A educación como proceso de aprendizaxe, formación e socialización é un marabilloso reto que esixe unha gran responsabilidade. O noso proxecto educativo configúrase como un servizo público e pensando nas necesidades de todas as persoas, polo que prestaremos atención ás vosas demandas e suxestións.

En colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela organizamos cada ano en outono as Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial, co obxectivo de que sexa un foro para o diálogo entre diferentes axentes que desenvolven o seu traballo no eido da educación en museos e universidades de Galicia, España e Portugal. Máis información na web das xornadas.

Grazas pola vosa confianza!