Novas - Museo de Pontevedra
Novas
-
O Museo de Pontevedra exhibe desde hoxe as cascas do piñeiro da Caeira fronte ao que foi fusilado Alexandre Bóveda
Permanecerán xunto ao cadro ‘A derradeira leición do mestre’ depositadas pola Fundación Alexandre Bóveda, como símbolo da resistencia democrática
07/09/2026
-
Os comisarios da 33.ª Bienal reúnense en Pontevedra para avanzar na preparación da edición de 2027
Ángel Calvo Ulloa e Juan Canela mantiveron unha xornada de traballo en Pontevedra co vicepresidente da Deputación e co equipo do Museo de Pontevedra para coordinar a folla de ruta dos vindeiros meses.
05/08/2026
-
Máis de 6.700 persoas visitaron ‘A derradeira leición do mestre’ de Castelao no seu primeiro mes exposto no Museo de Pontevedra
Desde a inauguración o 25 de xuño ata este domingo 26 de xullo, un total de 6.707 visitantes accederon á exposición no Edificio Castelao
27/07/2026
-
A primeira Bienal de Artes Vivas de Pontevedra pecha a súa edición inaugural con máis de 2.500 asistentes
O Convento de Santa Clara consolidouse durante once días como un espazo de referencia para a creación contemporánea cun programa que reuniu 22 propostas de artes vivas, 4 estreas absolutas e 14 estreas en Galicia
14/07/2026
-
Luis López e Rafa Domínguez anuncian a adquisición da maior colección que existe sobre Valle-Inclán para facer do Museo unha referencia en España sobre a súa figura
O presidente e vicepresidente provinciais informan que o Museo de Pontevedra pasará a ser o maior depositario da colección do escritor ao incorporar fondos valorados en preto de 300.000€ que inclúen retratos, cartas, bens persoais e pezas de vestiario e mobiliario
04/06/2026
-
O Museo de Pontevedra completa o espazo dedicado á Guerra Civil e o exilio con novas obras de Arturo Souto e de Uxío Souto
Desde este mes sumáronse á exposición permanente dúas litografías que Arturo Souto realizou en Valencia en 1937 e “Campo de concentración” de Uxío Souto, un debuxo a cor cedido ata 2025 ao Museo Reina Sofía
23/05/2026