Exposicións - Museo de Pontevedra
Exposicións
Cada ano, o Museo organiza diversas exposicións cumprindo coa súa función de divulgación da historia, a arte e o mundo cultural en xeral, o que fai del unha institución viva e dinámica que se achega aos visitantes.
Nas devanditas exposicións preséntanse tanto fondos propios da colección permanente do museo como doutras institucións. Tamén se ofrecen panorámicas diversas do estado actual da arte e a cultura, tanto en España como, máis concretamente, en Galicia, sen esquecer os nosos vínculos con outras zonas xeográficas, especialmente Iberoamérica, todo iso froito dos últimos traballos de investigación dos especialistas.
Ademais das exposicións preparadas dentro da propia entidade, acolle outras de carácter itinerante, organizadas por outras institucións coas que existen convenios de colaboración.
Próximas exposicións
-
Arte en parella. Mercedes Ruibal – Agustín Pérez Bellas
30/04/2026 - 28/06/2026 Comisaria: Cristina Villaverde Ruibal
-
Infiltracións. Ira Lombardía. Mudanza
12/06/2026 - 25/10/2026 Comisario: Iñaki Martínez Antelo
-
A derradeira leición do mestre
26/06/2026 - 27/09/2026
-
José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025
24/07/2026 - 27/09/2026 Comisario: Xosé Luis García Canido
-
Bifrontes
11/2026 - 01/2027 Comisaria: Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes
-
Infiltracións. Berio Molina
11/2026 - 03/2027 Comisario: Iñaki Martínez Antelo