Palmou
O martes 26 de xuño de 1928 o Seminario de Estudos Galegos chegou á parroquia de Palmou, na que realizou bosquexos da planta, alzados e detalles da igrexa de San Xoán e da súa capela de San Pedro de Erbo, que foi parroquia independente. Esta visita repetiuse o xoves 4 de xullo de 1935 e nela destaca o estudo dun magnífico tímpano que se atopaba reaproveitado nunha casa de Pazos de Rielo. Tras estar desaparecido moitos anos, acabaría formando parte da colección do Museo de Pontevedra
Imaxes







