Catasós
Gárdanse abundantes anotacións sobre este lugar, tanto da igrexa parroquial de Santiago coma do emblemático pazo de Donfreán. Ademáis das peculiaridades arquitectónicas e artísticas de ambas as construcións, Filgueira Valverde anota unha chea de curiosidades, coma o número de casas, ditos, usos e costumes, mobiliario singular e incluso impresións sobre a paisaxe, especialmente a fraga de Catasós. Por outra banda, son salientables os datos extraídos por Sebastián González dos libros de fábrica da parroquia, que complementan o estudo da riqueza monumental e artística da zona.
Concello: Lalín
Caderno:
Caderno 3
Notas soltas