Obxectos exipcios no Museo

25/04/2012
Museo de Pontevedra

O Museo posúe dende 1971 unha colección de pezas exipcias doadas por José Fernández López, un dos seus mecenas máis destacados.

Picando neste enlace pódese acceder ao estudo que fixo sobre ela Esther Pons Mellado, publicado na revista do Museo do ano 2002.

Trátase de 28 obxectos, sobre todo vasos, ungüentarios, botellas e pequenas esculturas, realizados principalmente en alabastro, pedra caliza, bronce e cerámica de acabado vítreo.

A un destes obxectos, un fragmento dun vaso de calcita branca cunha inscrición en catro linguas, dedicoulle a revista do Museo do ano 2005 un capítulo, no que Miguel Jaramago fai un estudo que se pode ver picando aquí.