Seminario: José Ruibal no seu Centenario: Teatro, Poesía e Memoria

Conferencias o martes 11 e espectáculo o xoves 13 de novembro de 2025, no Edificio Castelao

Ruibal

Actividade en lembranza dun autor fundamental do teatro de vangarda. Na primeira xornada revisarase a súa figura e o teatro en España desde os anos 80 á actualidade. Na segunda recitaranse textos de Ruibal e representarase a súa peza O rabo.

Programa

Martes 11 de novembro, de 18:00 a 20:45 h

  • 18:00 h. Presentación
  • 18:10 h. Conferencia de Anne-Laure Feuillaistre
  • 18:45 h. Conferencia de Marithelma Costa Colón
  • 19:25 h. Conferencia de Andrés Lima
  • 20:00 h. Conferencia de Xosé Enrique Acuña

Xoves 13 de novembro. Espectáculo Ruibal, de 19:00 a 20:15 h

  • 19:00 h
    • Presentación
    • Recital da poesía en galego e castelán de José Ruibal, con Graciela Baquero e Miguel Ángel Cuña
    • Lectura de Escribir contra el público, de José Ruibal, por Graciela Baquero
  • 20:00 h. Representación da obra teatral O rabo de José Ruibal a cargo de Avelaíña Teatro