‘Romance de unha fatal ocasión’: presentación do facsímil e adaptación teatral de Quico Cadaval
Mércores 22 de novembro, ás 19:00 h no Edificio Castelao
Presentación da edición facsimilar
Romance de unha fatal ocasión e Tibi Bastianus Imperator Peruensis, dous romances inéditos que varios membros do Seminario de Estudos Galegos elaboraron no contexto da xeira da comarca de Deza e que dedicaron a seminaristas ausentes.
Estudos introdutorios: María Jesús Fortes Alén
Transcrición: Eva Pena Rodríguez.
Adaptación teatral
Representación da adaptación para monicreques e cantar de cego de Romance de unha fatal ocasión.
Texto atribuido a Filgueira Valverde
Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval
Cantos e músicas: Francisco do Romualdo
Teatro de bonecos e fantoches: Larraitz Urruzola
Construtor de bonecos: Borxa Insua
Boneca Teolinda: Saleta Lorenzo
Xunco e palluzo: Carme Varela
Interpretación: Francisco do Romualdo, Larraitz Urruzola e Quico Cadaval.