Os números da fortuna. Obradoiro pola Feira Franca
Catro quendas os días 29, 30 e 31 de agosto e 1 de setembro
Edificio Castelao
do martes 22 de agosto ás 9:00 h e ata o luns 28 de agosto ás 14:00 h
O Museo de Pontevedra organiza un obradoiro con motivo da celebración da Feira Franca de Pontevedra. A actividade terá lugar no Edificio Castelao os días 29, 30 e 31 de agosto e 1 de setembro de 11:00 h a 13:00 h, en catro sesións independentes.
Está dirixido a nenas e nenos entre os 6 e os 12 anos.
Inscrición a partir do martes 22 de agosto ás 9:00 h e ata o luns 28 de agosto ás 14:00 h en reservas.museo@depo.gal (indicando nome, idade e número de teléfono de contacto).
Neste obradoiro, a cativada descubrirá un novo aspecto da Idade Media europea: a popularidade que tiveron o que hoxe coñecemos como xogos de mesa. Ademais de falar dos distintos xogos e a diversidade dos taboleiros, as e os participantes terán a oportunidade de crear o seu propio taboleiro.