Curso Máis que Musas. Creadoras na Vangarda
Os martes do 3 de febreiro ao 24 de marzo de 2026, de 19:00 a 20:30 h, no Edificio Castelao
Oito sesións para cuestionar o papel da muller na historia canónica da arte. Marta Riera percorre diversos contextos culturais, xeográficos e temporais de mulleres vinculadas a distintas disciplinas artísticas, e analiza as súas experiencias vitais e o seu legado no presente: Élisabeth Vigée Le Brun, Cecilia Beaux, Gabriele Münter, Eileen Gray, Barbara Hepworth, Peggy Guggenheim, Lee Miller e Maruja Mallo.
Durante cantos séculos o papel da muller na arte foi o de obxecto artístico e non o de suxeito? Por que musa é un termo feminino e xenio, masculino? Este curso pon en cuestión a historia da arte que nos relataron para dar a coñecer outras realidades menos transitadas no ámbito académico dun pasado non tan afastado.
O acceso é libre. Quen queira obter un certificado de asistencia deberán inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e acudir como mínimo ao 70 % das sesións.
PROGRAMA
- 3 de febreiro. Marie Louise Élisabeth Vigée Lebrun, retratista de María Antonieta
- 10 de febreiro. Cecilia Beaux e as outras impresionistas
- 17 de febreiro. Entre xinetes azuis: Gabriele Münter
- 24 de febreiro. Eileen Gray, pioneira do deseño industrial
- 3 de marzo. Crear co baleiro: Barbara Hepworth
- 10 de marzo. A Arte do Séculode Peggy Guggenheim
- 17 de marzo. As vidas incribles de Lee Miller
- 24 de marzo. Maruja Mallo, “metade anxo, metade marisco”
Marta Riera é doutora en Belas Artes, ilustradora, deseñadora gráfica, comunicadora e divulgadora cultural. Foi profesora asociada na Facultade de Belas Artes e profesora de Debuxo e Ilustración en Estudos Superiores de Deseño e Moda de Galicia, en ambos os casos na Universidade de Vigo.
Actualmente é profesora de Debuxo Artístico no CIFP de Cantería de Pontevedra; ademais, realiza conferencias e dinámicas a través da arte aplicadas ao ámbito empresarial, xunto con propostas divulgativas sobre historia da arte.
