News - Museo de Pontevedra
News
-
O Museo de Pontevedra é o primeiro de España en dispoñer do Q de Calidade e o S de Sostibilidade
O Edificio Castelao acolleu un acto de celebración por conseguir estes distintivos do ICTE que recoñecen a excelencia turística do Museo
24/01/2023
-
As novas tendencias e a relación coa cidadanía centraron as intervencións no seminario sobre escultura galega contemporánea
A xornada de debate e reflexión celebrouse no Edificio Castelao cunha notable resposta do público. Rematou cunha visita á exposición ‘Silverio Rivas. Eloxio do silencio’ guiada polo artista e a comisaria
20/01/2023
-
O Museo pecha 2022 coa mellor cifra absoluta na última década
As cifras amosan unha subida de 47.000 persoas fronte ao ano pasado, cando xa se rexistraran datos de récord durante o verán
04/01/2023
-
Concello e Deputación asinan a cesión de Santa Clara, que pasa a formar parte do Museo de Pontevedra
A xestión de Santa Clara e todo o proceso de musealización e rehabilitación que se fará deste emblemático espazo pontevedrés pasa ás mans da Deputación de Pontevedra. Concello e Deputación así o deixaron por escrito esta mañá de martes, 3 de xaneiro, nunha xornada histórica para o antigo convento, coa que comeza un novo capítulo, xa como equipamento do Museo de Pontevedra.
03/01/2023
-
As experiencias e os debates no Encontro de Conservación e Restauración revelan a importancia crecente das salas de reserva nos museos
As dez conferencias e tres coloquios do encontro desenvolvido os días 24 e 25 de novembro ofreceron perspectivas moi diferentes sobre como deseñar e xestionar os espazos de almacenamento de fondos culturais.
25/11/2022
-
O Museo participa nun proxecto de ensinanza da historia e difusión cultural seleccionado polo Ministerio de Ciencia e Innovación
O proxecto impulsado xunto con varias universidades, museos e arquivos de todo o Estado foi un dos 12 do ámbito educativo seleccionados este ano dentro do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación.
08/11/2022