Biblioteca e documentación

Xunto a todos os testemuños materiais do pasado no ámbito da arte e a historia que se poden contemplar nas salas de exhibición ou están depositados nos fondos de reserva, o museo conta cun rico legado de fondos bibliográficos e documentais que, ademais de axudar ao desenvolvemento da función investigadora da propia institución, están abertos a consulta de todas aquelas persoas investigadoras que o precisen.

A sala de investigación onde poden consultarse estes fondos está na ampliación do Edificio Fernández López, no número 2 da rúa Pasantería.

Horario: de luns a venres, de 9 a 14 h, con acceso libre. 

É posible solicitar cita previa a través de museo.citaprevia.salainvestigacion@depo.gal ou do teléfono 986 80 41 00 (ext. 42377)

Pecha festivos e 24 e 31 de decembro

En ATOPO localizará fondos do Museo de Pontevedra, do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, dos arquivos municipais e doutras institucións, públicas ou privadas, da provincia de Pontevedra.

ATOPO é un portal de descubrimento de recursos de información a partir das coleccións e fondos documentais, bibliográficos, cartográficos e audiovisuais do Museo de Pontevedra, do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, dos arquivos municipais e doutras institucións, públicas ou privadas, da provincia de Pontevedra.

ATOPO é un proxecto vivo que engade fondos de xeito continuo. Gran parte destes fondos están dixitalizados.

 

Tamén che pode interesar