XXI Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia
Edificio Castelao, 14, 15 e 16 de outubro
Os vindeiros 14, 15 e 16 de outubro terán lugar as XXI Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, no edificio Castelao do Museo de Pontevedra, que organiza o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico coa colaboración da asociación que lles dá nome ás ditas xornadas.
No programa relaciónanse unha serie de conferencias, ás 16:00 e ás 17:30 h, que impartirán persoas relevantes neste ámbito en horarios de 16.00h. e 17.30h. Prevese unha visita guiada o mércores 14, ás 18:30 h, e paralelamente levarase a cabo un obradoiro práctico de investigación a través dos recursos en liña ofrecidos por FamilySearch.
Durante as xornadas, no horario de apertura do Museo, poderase visitar, na sala de exposicións do primeiro andar, a mostra de árbores xenealóxicas iluminadas, a galería fotográfica do patrimonio heráldico e monumental e as fontes bibliográficas.
